Saturday 18 de May de 2024

O goberno municipal adica case 900,000 euros para o pago de gastos atrasados


No Pleno Ordinario do luns 25 de setembro, no que se aprobou a conta Xeral do ano 2022, o equipo de goberno destacou os Proxectos europeos de cuantías moi importantes con moi pouco nivel de execución. “Atopámonos con que estes orzamentos tiveron un nivel de execución real dun 45%”, declarou a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso.

No Pleno tamén se aprobou o convenio de colaboración entre os Concellos de Ribeira e Porto do Son para a execución do Obradoiro de Emprego Tahúme IX e solicitude conxunta dunha subvención para a formación nas especialidades de “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” e “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

No tocante á participación na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal Adicional, a pesar de que foi aprobado por unanimidade, o equipo de goberno destacou a necesidade de adicar a gastos de mantemento e conservación de instalacións municipais e funcionamento de servizos o importe do POS adicional 2023 que ascende a 334897 euros. Isto ben motivado polo incremento de gastos a causa da revisión de prezos de varios contratos entre eles o do aumeado público que tiña pendente a actualización de prezos do ano 2018.

Ademáis, o Concello abrirá un expediente de imposición de penalidades ao contrato de obras do novo Auditorio de Ribeira por incumplimento do prazo de execución. Herminia Pouso destacou que a obra, licitada polo anterior equipo de goberno, está consumindo “inxentes cantidades de recursos públicos” e incidiu na carga económica que esa obra supón para o concello e na consecuente merma de recursos para adicar a outras cuestións.

No relativo á aprobación dos festivos locais, e atentendo á demanda da Asociación de Hosteleiros de Ribeira, cuxa representante solicitou a intervención no Pleno, aprobáronse, coa abstención do PP, os festivos do martes de entroido e a Dorna pola “significancia económica para o comercio e a hostalaría local” segundo explicou a portavoz do BNG Cruz Rivadulla.

Doutra banda, tamén se aprobou un suplemento de crédito para “facer fronte ás facturas de pago e derivas do anterior goberno” como explicou Herminia Pouso, quen aludiu aos “desfases nas arcas públicas que supoñen unha carga económica moi pesada para tódolos ribeirenses”.
Pola súa parte, o rexedor Luís Pérez explicou a obriga do actual goberno de adicar 873,198 euros do remanente para facer fronte a pagos tan importantes como as subvencións ás ANPA “que levaban 4 anos sin pagarse” ou medio millóns de euros para facer fronte á actualización dos prezos da obra do auditorio; e incidiu na necesidade de salvagardar os intereses da veciñanza e “velar por cada euro que se gasta dos cartos públicos”.